Turismo de Vigo presenta "Vigo a Vela", un programa gratuito de fomento da práctica da vela
Coa intención de fomentar o gusto polos deportes náuticos e conseguir que os meros afeccionados sintan a emoción da competición, o programa "Vigo a Vela" deixará utilizar, o último sábado de cada mes e ata novembro do 2005, seis embarcacións tipo catamarán aos deportistas que o soliciten de xeito gratuíto.
A Concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentou hoxe diante dos medios de comunicación o programa gratuíto de fomento da práctica da vela "Vigo a Vela", unha iniciativa da Concellería de Turismo que se levará a cabo na Estación Náutica que o Concello ten en funcionamento na praia do Vao.
Aproveitando o impacto local que terá a celebración da saída da Regata Volvo Ocean Race o próximo ano dende a cidade, Turismo de Vigo quere popularizar a práctica de deportes náuticos, invitando a todos os vigueses e visitantes a practicar a vela de forma gratuíta.
O último sábado de cada mes, dende finais de outubro ata novembro do vindeiro ano 2005, a Concellería de Turismo ofrece a posibilidade aos iniciados neste deporte, de participar en competicións en embarcacións tipo catamarán, modelo Hobie Cat 15 Club, que a Estación Náutica porá a disposición dos interesados.
Con este fin, mercáronse seis embarcacións modelo Hobie Cat 15 para que as persoas que saiban navegar poidan agora participar en competicións, co único requisito de subscribir a licencia federativa. Para formalizar a inscrición, os interesados/as poderán recoller o seu folleto de inscrición nas oficinas de Turismo ou na Planta Xove de "El Corte Inglés".
Segundo declaracións da Concelleira de Turismo, Lucía Molares "coa posta en marcha do programa de balde "Vigo a Vela" quixemos ir un paso máis aló no fomento e promoción dos deportes náuticos. Na Estación Náutica non só iniciamos na práctica dos deportes acuáticos, senón que queremos converter aos vigueses e visitantes en auténticos amantes do mar, por iso creamos este programa, poñendo a disposición de todo o que queira practicar a vela, as embarcacións para que agora aprendan a competir e crear así unha cultura de relación co mar que consideramos imprescindible."
Estación Náutica de O Vao
A Estación Náutica de O Vao, dende a súa inauguración pola Concellería de
Turismo, formou a máis de 2.000 xóvenes na práctica dos deportes
acuáticos, ofrecendo unha ampla gama de posibilidades: vela lixeira,
catamaráns a vela, windsurf, piragüismo, etc.
A Estación Náutica ofrece cursos para grupos, charters, así como cursos
individualizados para nenos/as de windsurf e catamaráns a vela e foi
concibida como unha instalación para o fomento, promoción e práctica dos
deportes náuticos.
Coa creación da Estación Náutica de Vigo conseguiuse popularizar a práctica dos deportes náuticos, xa que pon todo o material necesario a disposición dos afeccionados. Na actualidade, a estación tamén ofrece albergue de material.
"Sinte a chamada do mar"
Co fin de dar a coñecer a cidade de Vigo como destino náutico,
Vigo participará a vindeira semana no Salón Náutico de
Barcelona, así como no Salón Náutico de París, que terá lugar a
primeira semana de decembro, onde a cidade estará
representada cun stand propio.
No contexto do Salón Náutico de París presentarase un novo folleto de
promoción da cidade de Vigo como destino de deportes Náuticos.
Baixo o lema "Sinte a chamada do mar", este folleto se incorpora á nova
campaña de promoción que a Concellería acometeu con distintos
soportes: folletos de rutas peonís gratuítas (100 minutos de mar, 100
minutos de Cultura), nova guía e turismo, guía do ocio de carácter
mensual, Directorio de servicios, así como novos posters con imaxes da
Cidade, guía da tarxeta turística, etc.