Escoitar

O concelleiro Ignacio López-Chaves presentou as actividades do Servicio de Normalización Lingüística e da Biblioteca Central

Tanto o programa de dinamización do SNL como o de animación da Biblioteca Central reservaron un amplo apartado de actividades dirixidas aos mais cativos.

venres, 5 nov 2004
1099666534lengua.jpg
O concelleiro Ignacio López-Chaves presentou as actividades de dinamización programadas para novembro e decembro dende o Servicio de Normalización Lingüística para desenvolver nos distintos centros culturais da cidade.

As actividades divídense dependendo do público para o que van destinadas, distinguindo entre o programa para nenos e o de adultos. Segundo a finalidade do SNL de promover o uso da lingua galega en tódalas esferas da sociedade e como apuntou López-Chaves seguindo as estatísticas "o galego estase a perder entre os mais novos e é por isto que unha parte do programa vai dirixido a eles especificamente".

A programación do Servicio de Normalización Lingüística e a seguinte:

ACTIVIDADES PARA ADULTOS:

- Iniciación ao galego: No edificio Asefal, os luns, mércores e xoves dende o 2 de novembro ao 28 de decembro de 16,30h a 19 h.

- Informática para xente maior:
Iniciación á informática: martes e venres do 2 de novembro ao 17 de decembro de 10,30h a 12,30h no edificio Asefal.
Iniciación a Internet: luns e xoves do 18 de novembro ao 22 de decembro de 10,30h a 12,30h no edificio Asefal.

- Informática para mulleres maiores de 35 anos:
Iniciación á informática: do 15 de novembro ao 20 de decembro de 16,15h a 18,15 e de 18,30h a 20,30h no edificio Asefal.
Iniciación a Internet: do 19 de novembro ao 17 de decembro de 16,15h a 18,15h e de 18,30h a 20,30h no edificio Asefal.

- Contacontos: Cándido Pazó, na Biblioteca Central ás 20h o 11 de novembro e o 16 de decembro.

- Obradoiros de escrita creativa: Na Biblioteca Central o 1 e 15 de decembro o 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 de febreiro ás 18,30h.


ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS:

- Teatro para nenos de 3 a 12 anos:
"A Locamotora".
-Casa da Xuventude: 5 de novembro ás 18,30h.
-Ludoteca de Coruxo: 26 de novembro ás 18,30h.
-Biblioteca Central: 11 de decembro ás 11,30h.

"Carlota e Marieta van en avioneta".
-Ludoteca de Lavadores: 12 de novembro ás 18,30h.
-Centro Cívico de Teis: 13 de novembro ás 12h.
-Casa da Xuventude: 10 de decembro ás 18,30h.
-Biblioteca Central: 18 de decembro ás 11,30h.

- Festa de Santos, Defuntos e Magosto: O 6 e o 13 de novembro ás 11h na Biblioteca Central.

- Obradoiro de pintura-lectura: Xulio Verne e O Principiño: O 3 e 4 de xaneiro ás 11h na Biblioteca Central.

- Obradoiros de escrita creativa: Os luns de novembro, xaneiro e febreiro ás 11h na Biblioteca Central. Actividade para colexios.


Por outra banda, o concelleiro Ignacio López-Chaves presentou, xunto coa directora da Biblioteca Central, Rosa María Díaz Naya, presentaron o programa de animación da Biblioteca Central. O concelleiro aproveitou para informar do investimento de 30.000 euros por parte do Concello que se destinarán a reformas, sinalización adecuada, reparacións, mantemento e acceso a minusválidos, ademais de recordar a intervención do área de cultura na promoción de actividades dentro da biblioteca.

Rosa María Díaz, pola súa parte, insistiu na función das bibliotecas públicas como resposta para unha variedade de necesidades, onde pódese atopar formación, información, diversión e lecer. A directora caracterizou a biblioteca como un centro cultural dinámico, cunha ampla diversidade de actividades, e nunca un reducto exclusivo de intelectuais ou estudiantes.
Descargar todas as imaxes