A Asociación de Loita contra o Cáncer estableceu un mercadiño na rúa Urzaiz ata o 9 de decembro
Como tódolos anos, a Asociación de loita contra o Cáncer leva o seu mercadiño na rúa Urzaiz onde vende, a prezos moi asequibles, abundante material de primeira e segunda man, ademais de artesanía.
A concelleira María Soledad Polo visitou o mercadillo que tódolos anos a Asociación de Loita contra o Cáncer dispón no número 19 da rúa Urzaiz. Na súa visita, a concelleira, ademais de comprobar que estaba moi concorrido, puido observar o material á venta. Trátase de roupa, material de decoración, pezas feitas con fío e diversa artesanía que a Asociación adquire mediante donativos de comercios e particulares, ou elaborándoa artesanalmente.
María Soledad Polo quixo animar á xente a visita-la tenda que estará presente ata o 9 de decembro e colaborar cunha causa que nos afecta a todos.
María Soledad Polo quixo animar á xente a visita-la tenda que estará presente ata o 9 de decembro e colaborar cunha causa que nos afecta a todos.