mércores, 29 out 2003
O concelleiro de Cultura, Xosé Carlos Arias e o director da Fundación Laxeiro, Javier Buján, presentaron hoxe o inicio das visitas didácticas á Fundación que realizarán alumnos de segundo e terceiro de primaria. Tratase dunha iniciativa que a Fundación Laxeiro pon en marcha este ano por primeira vez, pola que pasarán durante todo o curso, un total de 5.000 nenas e nenos.
luns, 27 out 2003
A soprano Kiri Te Kanawa acompañada ao piano de Jonathan Papp ofrecen o concerto de inauguración do festival de Música AREMORE que organiza a Concellería de Cultura. O concerto celebrarase o martes a partir das 20.30 horas no Cine Fraga-Caixa Galicia. O Festival Are More ofrece 18 concertos que se desenvolveran ata o 19 de decembro nos escenarios do teatro Cine Fraga, o Conservatorio de Música, a Igrexa Concatedral de Santa María e o salón de actos do Marco. Kiro Te Kanawa intepretará obras de W A Mozart, F Mendelssohn, F Schubert, R Strauss, H Duparc, C Debussy e F P Tosti.
venres, 24 out 2003
O concelleiro de Cultura , Xosé Carlos Arias , presentou o operativo para desenvolver o proxecto "Fala ISS.Conversa con Pedro Duque" que terá lugar o domingo 26 de outubro dende o VERBUM . Esta iniciativa parte da Axencia Espacial Europea ó proponerlle a colaboración ó Concello de Vigo para realizar unha actividade conxunta dende un centro como o VERBUM dedicado á palabra e á comunicación humana. Con tal motivo o Verbum só abrirará ó público xeral pola tarde, a partir das 16,30 horas. Durante a mañá o acceso estará restrinxido exclusivamente ós escolares gañadores do concurso da Axencia Espacial Europea, persoal da ESA e persoal da organización.
mércores, 22 out 2003
Dado o éxito de público obtido coa presentación do programa audiovisual de arte e tecnoloxía ARTFUTURA 2003, o MARCO decidiu prorrogar as proxeccións durante dous días máis, nos que se fará a reposición daquelas partes da programación que tiveron maior aceptación entre o público.
venres, 17 out 2003
Do 12 ó 23 de novembro instalarase en Vigo , dentro da súa segunda xira por España, a superproducción do Gran Circo Nacional Chino,Zensation, tralo éxito da súa primeira xira o ano pasado con máis de 200.000 espectadores. A presencia do circo en Vigo conta coa colaboración da concellería de Cultura e presentouse hoxe en rolda de prensa.
xoves, 16 out 2003
Dende o 17 de outubro ata o 16 de novembro estará aberta na Sala dos Peiraos unha exposición colectiva que reflexiona sobre arte e arquitectura. Nesta edición presentarase como novidade unha web que serverá de escaparate virtual de tódalas exposicións abertas ata o momento.
mércores, 15 out 2003
A Fundación Laxeiro presenta unha exposición na que se amosan pezas que por primeira vez poden ser contempladas polo gran público dende o día 17 de outubro ata o 7 de decembro na sede da Fundación da Casa das Artes. Formada por debuxos procedentes de coleccións particulares, froito do traballo de catalogación que a Fundación está a levar a cabo desde o ano 2000, a mostra está composta de trinta pezas pertencentes á súa primeira época.
martes, 14 out 2003
A Concellería de Cultura pon en marcha o operativo para desenvolver o proxecto "Fala ISS.Conversa con Pedro Duque" que terá lugar o domingo 26 de outubro dende o VERBUM. Esta iniciativa parte da Axencia Espacial Europea ó proponerlle a colaboración ó Concello de Vigo para realizar unha actividade conxunta dende un centro como o VERBUM dedicado á palabra e á comunicación humana.
venres, 10 out 2003
O Concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez, ven de presentar a programación do Festival de Música de Vigo "AREMORE 2003" que co título xenérico de "Os mil mares de Vigo" celebrarase do do 28 de outubro ó 19 de decembro.
venres, 10 out 2003
Dentro da liña de programación do MARCO de Vigo, "César Portela, arquitecto" significa un importante punto de inflexión, xa que por vez primeira unha exposición monográfica se inclúe nas súas exposicións temporais, xeneralmente colectivas e temáticas.A exposición permanecerá aberta do 10 de outubro ata o 11 de xaneiro de 2004.