O grupo de teatro Trasnada reuniuse coa alcaldesa para presentar a súa vindeira función, "O enfermo imaxinario"
Corina Porro recibiu na alcaldía ao grupo de teatro municipal Trasnada, que volta aos escenarios o 5 de novembro coa obra de Moliere no Auditorio do Concello de Vigo.
O grupo municipal de teatro Trasnada, formado por funcionarios do Concello e de carácter afeccionado, foi recibido pola alcaldesa, Corina Porro, que celebrou a súa volta aos escenarios. O grupo, fundado en 1996, paralizou o seu traballo no 2000 debido á xubilación da súa directora, Froíña García.
Con tres obras representadas: "Azos de esguello", "Tiñámolo sexo en paz" e "Non se chora", o grupo decidiu voltar aos ensaios en 2003, coa incorporación de novos membros. En total son doce, anque contan sempre con colaboración externa para os seus montaxes.
Coa dirección de Al Tesouro, que traballa tamén como actor, o grupo voltará aos escenarios o 5 de novembro, coa representación do clásico de Moliere "O enfermo imaxinario" no Auditorio do Concello de Vigo. A traducción ao galego de Eduardo Alonso e Manuel Guede, permiten ao grupo ser fieis ao seu compromiso de traballar sempre en lingua galega.
Descargar todas as imaxes