O Concello trasladará a farola centenaria da alameda de Bouzas á confluencia de Urzaiz, Colón e Príncipe, onde estaba emprazada dende principios de século
No seu lugar, en Bouzas, instalarase a pérgola de Jenaro de la Fuente, emprazada anteriormente na Praza de Portugal. Os veciños de Bouzas deron o seu visto bo á decisión municipal.
O Concello de Vigo está a proceder ao traslado da farola de pedra e ferro fundido emprazada dende os últimos vinte anos na Alameda de Bouzas á confluencia entre as rúas Urzáiz, Colón e Príncipe, o lugar onde a farola permaneceu dende principios de século. Aproveitando as obras de humanización da superficie de Urzáiz, o Concello quere recuperar esta farola centenaria, que durante moitos anos constituíu un signo de identidade desta céntrica zona da cidade.
No lugar onde ata o de agora estaba situada a farola, na Alameda de Bouzas, o Concello procederá a instalar a pérgola de Jenaro de la Fuente, que estivo emprazada na Praza de Portugal e que na actualidade se atopa repartida entre Castrelos e un depósito municipal. Así o decidiron responsables municipais tras un encontro cos veciños de Bouzas, que deron o seu visto bo á decisión municipal. A pérgola foi construída no ano 1928 e ocupou ata a construcción do aparcadoiro un espacio predominante na Praza de Portugal.
A farola, de pedra con asentos e ferro fundido, atopábase dende o ano 1900 na confluencia de Urzáiz, Colón e Príncipe. No ano 1980, con motivo da I Feira Mundial da Pesca, foi trasladada á Alameda de Bouzas.