A Fundación Galicia Emigración impartirá en Vigo un curso de emprendedores destinado aos inmigrantes
O curso comezará o luns 18 de outubro e terá unha duración de sete semanas a razón de dous horas diarias de luns a xoves, ademais de titorías personalizadas para tódolos alumnos. A preinscripción realizarase telefonicamente na Fundación<br /> Galicia Emigración e entre hoxe e mañá impartiranse dúas xornadas de información e selección das 20 prazas previstas.
O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, por mediación da súa Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes, a Fundación Galicia Emigración e a Obra Social de Caixa Galicia, están a organizar o I Programa Piloto de Codesenrolo. Este Programa persigue apoiar á colectividade inmigrante na súa dimensión potencial de axentes de desenrolo para os países de orixe e acollida do fluxo migratorio. Entre as diversas accións que contempla o Programa, inclúese a celebración en Vigo dun Curso de Emprendedores de sete semanas de duración para persoas inmigrantes das nacionalidades colombiana, peruana, ecuatoriana, boliviana e arxentina.
A estructura do curso é a que sigue: haberá 2 horas diarias de clases presenciais para o conxunto dos alumnos (20 alumnos aproximadamente), 4 días á semana (de luns a xoves), dende a data de inauguración do curso (18 de outubro) ata o seu peche (3 de decembro). En paralelo, haberá titorías particularizadas por alumno de luns a venres, neste caso no horario escollido polo alumno (de 9:00 a 14:00, e de 16:00 a 21:00).
O curso de emprendedores conta coas seguintes materias:
- Teoría do desenrolo. Aproximación ao codesenrolo. Modelos de empresa. As fórmulas da economía social.
- Metodoloxía de elaboración do proxecto empresarial.
- Comercial- Plan de marketing.
- Contabilidade e finanzas.
- Internet e comercio electrónico.
- Entorno xurídico/ fiscal/ laboral.
- Elaboración do proxecto empresarial.
Hoxe e mañá día 14 realizanse sendas Xornadas informativas e de selección para tódolos interesados en realizar o curso de emprendedores, que previamente deberán inscribirse chamando á Fundación Galicia Emigración no número 981-957353.