Escoitar

Concentración silenciosa nas portas do Concello polo cadáver encontrado en Vigo

A alcaldesa Corina Porro, xunto con representantes da Corporación Municipal e varias decenas de persoas manifestaron a súa repulsa polo acto de violencia e adicáronlle á víctima un minuto de silencio.

luns, 11 out 2004
1097503527Dsc00031.jpg
O achamento do cadáver dunha muller maniatada que, a falta de verificar a súa identidade, podería ser o de Sara Alonso, desaparecida en Vigo hai máis de 20 días, e en cumprimento dos acordos do Pleno da Corporación municipal, convocouse unha manifestación silenciosa na Praza do Concello.

A alcaldesa Corina Porro manifestou a súa dor por un novo acto de violencia, esta vez na cidade de Vigo, e solicitou máis medios para loitar coa inseguridade cidadana.
Descargar todas as imaxes