Escoitar

O edificio "Atalaia" acondicionarase como centro de día para persoas maiores

O Concello e a consellería de Asuntos Sociais da Xunta cooperarán para dito acondicionamento cun presuposto de 420.000 euros distribuido nos anos 2004, 2005 e 2006.

luns, 11 out 2004
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de cooperación entre o Concello e a consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta para o acondicionamento do edificio "Atalaia" como centro de día para persoas maiores.

Está previsto que o futuro centro conte cun número de prazas entre 20 e 25 e preste os servicios de atención xeriátrica e rehabilitadora, asistencia técnica preventiva, coidado persoal, terapia ocupacional, atención psicosocial, actividades físicas... O presuposto, de 420.000 euros estará distribuido entre os anos 2004, 2005 e 2006.

A Xunta de Goberno aprobou igualmente o proxecto de execución das obras de construcción dunha pista polideportiva cuberta e a urbanización da parcela do Centro Cívico de Teis. O presuposto total destas obras será de 347.542 euros.