O Concello oferta 64 prazas de emprego público, o 5 por cento delas reservadas a persoas con discapacidade
Por primeira vez dende 2002 o Concello de Vigo fará unha oferta pública de emprego para cubrir 64 vacantes, tanto de persoal funcionario como laboral. Na oferta destacan tres prazas reservadas a persoas con discapacidade: como administrativo, subalterno e axudante de oficina.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a proposta de oferta pública de emprego para 64 prazas vacantes no Concello. Estas son, como persoal funcionario: 2 prazas de administrativo de Administración xeral, 8 prazas de auxiliar de Administración xeral, 2 prazas de subalterno, 1 praza de economista, 1 de arqueólogo, 3 prazas para diplomados en Traballo social, 1 programador de informática, 1 técnico auxiliar de Laboratorio, 2 prazas de sarxento da Policía local, 1 praza de cabo da Policía local, 24 prazas de garda da Policía local, 4 prazas de bombeiro e 1 praza de conductor bombeiro. Como persoal laboral ofértanse 8 prazas como oficial de oficios: 1 electricista, 2 xardineiros, 3 conductores, 1 sepultureiro e 1 pavimentador. Tamén como persoal laboral quedan vacantes 5 prazas como axudante de oficios e 1 como operario peón.
O concelleiro Javier Guerra e o presidente do Comité de persoal, Antonio Juste, salientaron que esta é a primeira oferta pública de emprego que sae á luz dende 2002 e que cubrindo estas vacantes cúmprese co compromiso de eficiencia e servicio aos cidadáns que debe dar o Concello. Antonio Juste comentou así mesmo que unha vez aprobados os presupostos, o Concello debería tamén cumprir un papel como xerador de emprego, non só cubrindo as vacantes na súa plantilla.
Ambos vocais destacaron tamén a inclusión nesta oferta pública de emprego de tres prazas específicas para discapacitados, tanto físicos coma psíquicos, cumprindo coa normativa de gardar o 5% das prazas ofertadas aos disminuidos. Estas prazas son as de un administrativo, un subalterno e un axudante de oficina.
Descargar todas as imaxes