Escoitar

O Concello organiza unha festa para a terceira idade en Cotogrande con motivo do Día Internacional das persoas maiores

A xornada de mañá estará totalmente dedicada aos maiores en Cotogrande. Comezará con sendas actuacións da coral Agarimo e a escola municipal de danza, para rematar cunha merenda e baile amenizado por orquestra.

mércores, 13 out 2004
Con motivo do Día Internacional das persoas maiores, o Concello de Vigo celebrará mañá unha festa no recinto feiral de Cotogrande cun triple obxectivo:
1. Sensibilizar á sociedade viguesa do papel tan importante que desempeñan os maiores na sociedade.
2. Facer ver aos propios maiores da forza que posúen como colectivo e a súa importancia tanto familiar como social.
3. Celebrar todos xuntos unha festa que sirva de punto de partida para as actividades do último trimestre.

Na cidade de Vigo existen 18 organizacións de persoas maiores que lle están dando un gran dinamismo ao colectivo. Coa intención de que non se perda este impulso e como merecida homenaxe a tódolos maiores, o Concello preparou unha xornada cos seguintes actos:

16,00 horas Recollida no autobús.
17,00 horas Inicio do acto.
Actuación da coral de Agarimo.
Actuación do grupo de maiores da escola municipal de danza.
17,30 horas Palabras aos maiores. Discurso das autoridades.
18,00 horas Merenda.
18,30 a 20,00 horas Baile amenizado pola orquestra Iris.