O museo-pazo "Quiñones de León" acolleu a máis de 2.000 visitantes na primeira quincena de agosto
Entre o martes 10 e o xoves 12 de agosto o museo municipal de Vigo rexistrou 842 visitas, o que pon de manifesto o reclamo turístico de Castrelos para os visitantes foráneos.
O museo-pazo "Quiñones de León" recibiu a visita de máis de 2.000 persoas no que vai de mes. Unha cifra que amosa o importante reclamo que representa Castrelos para os visitantes, que a pesar do mal tempo destes días decidiron achegarse ata o museo municipal. Así, dende o martes 10 ata o domingo 15 de agosto, acadáronse as 1493 visitas, o que supón, sen dúbida, a marca deste verán para o museo municipal de Vigo, se se ten en conta que o museo rexistrou a entrada de 842 persoas entre o martes 10 e o xoves 12 de agosto.
O propio pazo, a pinacoteca antiga (legado de Policarpo Sanz) e a pinacoteca galega contemporánea son os principais atractivos do "Quiñones de León" e actuán de reclamo para os centos de turistas, sobre todo nacionais, que visitan o museo en pequenos grupos familiares.
Debido á grande aceptación por parte dos turistas, o museo municipal dispón dun servizo de visitas guiadas ao pazo tódolos martes, xoves e venres entre as 10.00 e as 13.30 horas. A visita, a cargo dunha guía especializada, é totalmente gratuíta.
Descargar todas as imaxes