venres, 20 agosto 2004

A banda estadounidense "The Offspring" pechará o cartel de festas locais o 31 de agosto

O auditorio do parque de Castrelos será o lugar elixido polo conxunto para celebrar o seu único concerto en España. Os vigueses "Kannon" telonearán ao grupo de rock alternativo nun espectáculo que dará comezo ás 22.30 horas para dar paso á música de Offspring ás 24.00 horas. O precio da entrada será de dez euros, anticipada, e de 12 euros en taquilla.

Xunta de Goberno local

venres, 20 ago 2004

O luns, día 23, a partir das nove da mañá celebra reunión a Xunta de Goberno para tratar un total de 40 asuntos entre os que figura o padrón fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles e o de Actividades Económicas.