Are-More 2004, todo un festín de culto á música
O certame, que terá lugar do 16 de outubro ao 15 de decembro na cidade, ofrecerá un total de 18 espectáculos de música vocal, baixo un orzamento municipal de 575.742 euros.
María Bayo, Ute Lemper ou David Russell, serán algúns dos protagonistas da quinta edición do Festival de Música Are-More 2004. Un certame que arrancará o vindeiro sábado 16 de outubro coa actuación de "Le Concert D’Astree" no Teatro Fraga Caixa Galicia e que cerrará as súas portas da man da cantante, actriz e bailarina alemana, Ute Lemper, o 15 de decembro. Dous meses nos que os amantes da música culta poderán disfrutar dun total de 18 actuacións en diferentes puntos da cidade.
Ademáis do Teatro Fraga, onde o prezo das entradas oscilará entre os 10 e os 20 euros, o auditorio do Conservatorio Superior de Música e a Colexiata, servirán de escenario para os artistas participantes no certame.
Así, e co obxectivo de proxectar o culto á música vocal, a Xunta de Goberno Local, aprobaba o luns o proxecto de contrato para a realización do V Festival de Música de Vigo Are-More 2004, baixo un orzamento de 575.742 euros (453.189 en materia de contratación artística e 122.553 euros en concepto de contratación dos servizos de producción e organización dos concertos).
As contratacións destas actuacións correrán a cargo de Alejandro Arnaiz Méndez e Ubiagrandal e o gasto aplicarase á partida "Programa de música, teatro e danza" do presuposto municipal vixente.
Entradas
Os concertos no teatro Fraga-Caixa Galicia, terán dous tipos xerais de prezos segundo as características do espectáculo. Así, acordouse manter un prezo de 10 euros e outro de 20 euros.
Pola súa parte, o concerto de "Ópera para nenos", realizarase en dúas funcións, sesión de mañán e tarde, o día 3 de decembro e estará dirixido a un público escolar que deberá aportar un euro para acceder ao espectáculo. Tamén levarase a cabo unha función o 4 de decembro pensada para o público familiar. O prezo das entradas, neste caso, será de 3 euros adultos e 2 euros nenos.
Asimesmo, estableceranse as máximas reduccións posibles por abonos, reduccións a menores de 25 e maiores de 65 anos, persoas discapacitadas ou desempregadas e familias numerosas. Asimesmo plantéxase a reducción do 30% para o abono a tódolos concertos que se celebren no CineFraga, excepto o de inauguración e a "Ópera para nenos"; unha reducción do 25% para o caso da compra de entradas para cinco concertos e do 20% para o caso da compra de entradas para tres concertos.
Por outra banda, fixarase un prezo de apoio aos estudiantes de música e membros de bandas populares de música de 3 euros. Ademáis, os concertos que se realicen no Conservatorio S. De Música de Vigo e Igrexa-Concatedral, serán gratuítos e de acceso libre ata completar a capacidade dos locais.