Escoitar

O pavillón de As Travesas abre as súas portas á música do cantautor cubano Silvio Rodríguez

O espectáculo, incluído na programación do Xacobeo 2004 "Concertos do Novo Milenio", terá lugar o mércores 15 de setembro ás 22.30 horas no pavillón de As Travesas. As entradas terán un prezo único de 10 euros.

mércores, 15 set 2004
1095249362silvio1.jpg
O cantautor cubano, Silvio Rodríguez, ofrecerá hoxe ás 22.30 horas no pavillón de As Travesas, o último concerto da súa xira en España. Un espectáculo, incluído na programación do Xacobeo 2004, e que baixo o título "Concertos do Novo Milenio", percorre a xeografía galega achegando a música aos milleiros de fieis, co gallo da celebración do Ano Santo Compostelán como telón de fondo.

As entradas para poder asistir a este espectáculo poderán ser adquiridas a través de www.caixanova.es; na taquilla electrónica 902 504 500 así como en Carrefour. O prezo único para esta actuación será de 10 euros.

O de Vigo, será o derradeiro concerto da súa xira en España tralo seu paso polo Auditorio de Barcelona os días 7 e 8 de setembro, pola Plaza de Toros de San Sabastián, onde actuou o pasado venres, e a cidade de Salamanca, na que ofreceu un novo concerto no multiusos Sánchez Paraíso o día 12. Así, o concerto de Vigo será a última oportunidade para que os amantes da música poidan disfrutar dos sons do cubano.
Descargar todas as imaxes

Máis información