O concelleiro de Cultura destaca o bo ritmo de venda de localidades para o concerto de Carlos Baute

mércores, 29 xul 2009

O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou hoxe na presentación do concerto de Carlos Baute+Marta Sánchez o bo ritmo da venda de localidades para esta actuación, que terá lugar o día 4 de agosto no Peirao de Trasatlánticos (22:30 horas). "Estamos apreciando un gran interese, tanto polas chamadas telefónicas recibidas e as consultas realizadas, como pola venda de localidades... Así que cito a todas e todos os seus seguidores no Peirao de Trasatlánticos o próximo día 4 de agosto".

O concelleiro de Cultura visita os cursos de Formaclown e anima á cidadanía a gozar co Festiclown

martes, 28 xul 2009

O concelleiro de Cultura, Xesus López, desprazouse hoxe ata o Conservatorio de Música do Castro para visitar os cursos de Formaclown, que se están a desenvolver en Vigo dentro do Festival Internacional de Clown. No acto estivo acompañado polo director do Festiclown, Iván Prado, quen destacou a calidade do profesorado e tamén o interese amosado polos alumnos e alumnas.

A fusión da música galega e cubana será o xoves a protagonista do espectáculo "Descarga ao vivo"

martes, 28 xul 2009

Os concellerios de Cultura, Xesus López, e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoxe xunto aos organizadores Central Folque o proxecto "Descarga ao vivo", que o vindeiro xoves encherá o teatro do Centro Cultural Caixanova da mixtura da música galega e cubana. O concerto, no que participarán 15 músicos e 2 bailaríns, terá como actividade previa unha actividade infantil mañá no Verbum.

O público poderá acceder desde hoxe martes á colección do Arquivo Pacheco a través dunha exposición dixital

martes, 21 xul 2009

Desde hoxe martes, os fondos do Arquivo Pacheco están a disposición de todos os vigueses e viguesas a través dunha exposición dixital á que se pode ter acceso na súa sede da Casa das Artes. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou que será a primeira vez que a cidadanía vai poder ver a analizar a colección a través das diferentes temáticas. "Hoxe se cumple unha vella demanda da cidade, que reclamaba que este tesouro non se perdera. Non só fixemos que non se perda, senon que estamos facendo que ser revaloralice", asegurou.

Castrelos e o Peirao de Trasatlánticos acollerán os grandes concertos

Santi Domínguez asegura que as Festas de Verán son xa un sinal de identidade da cidade<br /> <br />

luns, 13 xul 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, presentaron hoxe o programa das festas 2009, no que destaca a existencia de grandes concertos (Leonard Cohen, Keane, Carlos Baute+Marta Sánchez, Los Secretos, la Oreja de Van Goh, Ainhoa Arteta, Fuxan os Ventos, Coti, Melendi, Mala Rodríguez…) así como a diversidade de actividades para todas as idades e tendencias.

Abre a Feira do Libro de Vigo

venres, 10 xul 2009

A praza de Compostela será un ano máis o lugar de encontro cos libros desde hoxe venres ata o 19 de xullo coa celebración da XXXV Feira do Libro de Vigo.O escritor Francisco Castro será o encargado da lectura do pregón inaugural ás 20:30 horas despois da actuación da Asociación Monteira – Grupo de Danzas do Mundo, de Vigo.