O Día da Muiñeira reunirá a 2.000 participantes de 220 grupos o sábado na Praza de Compostela

martes, 9 xuñ 2009

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe a XXXIX edición do Día da Muiñera e o X Concurso do Ensalzamento do Traxe Galego, que se celebrarán o vindeiro sábado, asegurando que se trata "dun dos días máis importantes da programación que desenvolve a Concellería de Cultura e Animación Sociocultura". Este ano 220 grupos, con máis de 2.000 participantes, actuarán na Praza de Compostela.

Comeza o ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+9"

luns, 8 xuñ 2009

O ciclo de música "Xeración 2000+9" comezará o martes, 9 de xuño, ás 20.30 horas, coa actuación no Verbum do cuarteto de folk O Chupacabras, cuxo estilo caracterízase polo emprego de novas harmonías en arranxos de pezas típicas do repertorio tradicional. O ciclo que se celebrará durante cinco días modifica o concerto do 13 de xuño por enfermidade do pianista Luís Filipe Sá.

Máscara Producións estrena a obra "Por diante e por detrás" este sábado en Beade da man do "Vigo a escena"

venres, 5 xuñ 2009

No marco da programación teatral "Vigo a escena", que organiza a Concellería de Cultura para o primeiro semestre do 2009, a compañía Máscara Producións estrenará a obra "Por diante... e por detrás" en Beade este sábado, 6 de xuño ás 21 horas. A obra programada para o domingo, 7 de xuño, de Lambriaca Producións trasládase ao 14 de xuño.

A Orquestra A Tempo de Pontevedra abre o programa Imaxina na Rúa

venres, 5 xuñ 2009

Imaxina na Rúa comeza este sábado 6 de xuño para ir quentando motores de cara o Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" coa actuación da Orquestra A Tempo de Pontevedra. O obxectivo de Imaxina na Rúa é levar a música ao espazo público da man de formacións integradas na maioría dos casos por novos artistas. "A Tempo", dirixida por Miguel Angel Rodríguez, e integrada tamén por afeccionados con idades entre os 13 e 55 anos, actuará en diferentes recantos da cidade o 6 de xuño tocando standards de jazz e blues.

As actividades de Imaxina na Rúa comezan o sábado 6 de xuño coa Orquestra "A Tempo" nas rúas e prazas da cidade

Prazas, rúas e clubs completan a folla de ruta do 5º Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons"

xoves, 4 xuñ 2009

O programa inclúe un ciclo de mesas redondas e dúas clases maxistrais de Fred Frith e Nils Wogram
A tres semanas do comezo do 5º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, ao programa de concertos do festival engádenselle as actividades de Imaxina na Rúa, Jazz na Noite, pasacalles o ciclo de mesas redondas e dúas clases maxistrais polo guitarrista Fred Frith e o trombonista Nils Wogram. Redondéase dese xeito a programación do festival, promovido pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, que se desenvolverá do 25 de xuño ao 5 de xullo, pero que empeza a quentar motores o sábado 6 de xuño cos músicos da orquestra "A Tempo" de Pontevedra que tocarán por varias rúas e prazas da cidade ao longo do día. O mapa de Imaxina Sons esténdese xa a toda cidade.

Nova edición do ciclo de novos intérpretes Xeración 2000+9

martes, 2 xuñ 2009

O concelleiro de Cultura, Xesus Lopez, e Roberto Relova, director artístico de Vigo Cultura, presentaron hoxe a novena edición do programa do ciclo de novos intérpretes Xeración 2000+9 que terá lugar do 9 ao 14 de xuño no Verbum-Casa das Palabras, con entrada libre até completar
aforamento.

Dende o luns xa están á venda as entradas individuais de Imaxina Sons

venres, 29 mai 2009

A partir do 1 de xuño xa se poden mercar as entradas individuais para os concertos do 5º Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons", organizado pola concellería de Cultura e Animación Socio-cultural do concello de Vigo, a través do servizo de venda de entradas de Caixanova, na web www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O programa do festival, que arranca o 25 de xuño ás 22h coa actuación de Charles Lloyd e que se clausura o 5 de xullo coa Vienna Art Orchestra, contempla entrada de pago nos concertos que teñen lugar no Teatro Salesianos, no MARCO e no Centro Cultural Caixanova.

O "Vigo a escena" leva o sábado o teatro a Coia e o domingo a Castrelos e Matamá

xoves, 28 mai 2009

A programación do "Vigo a escena" que organiza a Concellería de Cultura para o primeiro semestre do 2009 levará o teatro esta fin de semana ás parroquias de Coia, Castrelos e Matamá. A actuación prevista para mañá venres no Centro Cívico de Teis trasládase ao día 3 de xuño neste mesmo espazo, mentres que o sábado, 30 de maio, as actuacións serán protagonizadas polas compañías Títeres en Acción en Coia e Aforo Teatro en Castrelos, e o domingo 31 de maio actuará Aforo Teatro en Matamá.

Concerto-homenaxe a José Afonso no Verbum

mércores, 27 mai 2009

O Verbum organiza o xoves, día 28 ás 20 horas, un concerto homenaxe ao cantautor José Afonso a cargo do grupo Couple Coffee (Luanda Cozetti, voz e percusión e Norton Daiello, baixo eléctrico),
para rematar coas actividades complementarias á exposición de José Afonso no Verbum. A entradaé gratuíta ata completar aforamento.