O Museo de Castrelos acolle o domingo o obradoiro para familias "O xogo da abstracción"
O vindeiro domingo 6 de xuño, o Museo Quiñones de León desenvolve unha nova edición do programa para familias "Domingos de museo", que se celebrará baixo o título "O xogo da abstracción". Segundo salientou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, esta iniciativa é de carácter gratuíto e está dirixido a nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos
O programa "Domingos de museo" ten o obxectivo de dar a coñecer o Museo da Cidade a todos os públicos e se desenvolve os domingos de 11:30 a 13:30 horas cun número máximo participantes de 25 persoas sen necesidade de facer reserva. Os familiares que acompañan aos cativos e cativas poden participar na actividade ou deixalos ao coidado dos educadores e educadoras.
Este domingo, grazas ás actividades propostas por Landriña, a mascota do museo, as persoas que participen no obradoiro poderán coñecer qué é iso que se denomina abstracción, mediante un paseo polo museo. No percorrido comprobarase se é posible contar algo a través das formas e as cores. Fianlmente, o obradoiro completarase coa creación dun cadro de dúas caras, unha figurativa e outra abstracta.
O museo tamén organiza un programa para escolares que leva a cabo visitas para grupos de infantil, primaria e secundaria os martes, mércores, xoves e venres de 10 a 12 horas. É preciso facer a reserva previamente nos teléfonos 986 295 070 e 986 239 372 ou no correo electrónico saves.museocastrelos@vigo.org.
O público xeral tamén ten a posibilidade de realizar visitas guiadas ao Museo da Cidade "Quiñones de León", de xeito que ao pazo poden facerse os martes, mércores, xoves, venres e domingo ás 12 horas, mentres que as visitas guiadas ao xardín histórico son os martes, mércores, xoves, venres e domingo ás 13 horas. As visitas guiadas ao pazo e ao xardín histórico para grupos e asociacións poden realizarse, facendo reserva previamente, os martes, mércores, xoves e venres ás 12 horas. Ademais, as visitas guiadas á sala de arqueoloxía e a participación no obradoiro de arqueoloxía, destinado a todos os públicos, pódese facer no horario de apertura do Pazo, previa reserva.
Esta oferta complétase coas visitas guiadas ao Xacemento de O Castro en horaio, de maio a setembro, todos os días agás luns de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, e de outubro a abril, todos os días agás luns de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas; así como as visitas guiadas ao Xacemento da Villa Romana de Toralla, en horario, de outubro a maio, os martes, venres, sábado e domingo de 12 a 18 horas e de xuño a setembro, de martes a domingo de 12 a 20 horas.