Os urólogos confirman o primeiro congreso que se celebrará no Auditorio-Pazo de Congresos
O edil Carlos L. Font reuniuse o mércores co comité organizador do evento para ter unha primeira toma de contacto. A convención médica celébrase este ano en Bilbao e despóis de Vigo pasará por Málaga. A cita move arredor de 2.000 persoas. Os membros do comité visitaron o Auditorio vigués e quedaron abraiados pola marcha dos traballos e a capacidade das instalacións.
O comité organizador do Congreso Nacional de Uroloxía confirmou onte mércores que celebrarán a súa LXXVI edición no Auditorio Pazo de Congresos de Vigo. O concelleiro socialista Carlos López Font recibiu a tres membros do comité con quen mantivo unha xuntanza para ter unha primeira toma de contacto.
Este Congreso ten unha traxectoria moi importante e move, segundo as cifras que manexa o colectivo, arredor de 2.000 persoas. A celebración da cita a nivel nacional tería lugar en Vigo no mes de xuño de 2012, e está precedida pola celebración deste ano na cidade de Bilbao e Málaga no 2013.
O comité tamén lle explicou a Carlos L. Font a visita que realizaron onte ao Auditorio vigués e o hotel. Alí comprobaron os avances dos traballos e declararon estar "impresionados" pola infraestrutura. Aseguraron que desta forma corroboraron que é posible a celebración deste congreso e a gran capacidade das instalacións.
Pola súa banda o Concello ofreceulles a máxima colaboración insitucional en canto as actividades que se desenvolverán arredor do que xa é a primeira convención confirmada para o Auditorio. Carlos López Font salientou trala xuntanza que se trata, sen dúbida, da primeira proba para o lanzamento do Pazo de Congresos da cidade.
Descargar todas as imaxes