O alcalde anuncia que o AVE directo entre Vigo e Ourense contará cun túnel de 18 quilómetros de lonxitude
Abel Caballero informou hoxe mércores da publicación no Boletín Oficial do Estado da aprobació definitiva do Estudo Informativo da Alta Velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, paso previo á contratación do proxecto básico e ao acopio de fondos "público-privados" para a construcción da liña. O treito soterrerado será "seguramente o túnel ferroviario máis longo de España", apuntou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores de que o trazado do AVE que unirá Vigo e Ourense por Cerdedo contará cun túnel de 18 quilómetros de lonxitude.
Tal e como explicou o socialista, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe a aprobación definitiva do Estudo Informativo da Alta Velocidade entre Vigo e Ourense por Cerdedo, texto no que explicítase algunhas das características centrais do trazado, como o paso soterrado, "seguramente o túnel ferroviario máis longo de España", apuntou o rexedor.
Unha vez dado este paso administrativo por parte do Ministerio de Fomento que dirixe José Blanco, "estamos xa no momento do proxecto básico", informou Abel Caballero. O próximo trámite será a contratación do devandito proxecto e o acopio de fondos "público-privados" para a construcción definitiva da liña.
"Estamos diante dunha obra excepcional", asegurou o alcalde, quen indicou que o túnel terá dúas bocas de entrada independentes -para garantir a seguridade- e as mesmas características técnicas que o que está en construcción desde Redondela ata a estación de Urzáiz.
Descargar todas as imaxes