mércores, 2 xuño 2010

O alcalde anuncia que o AVE directo entre Vigo e Ourense contará cun túnel de 18 quilómetros de lonxitude

Abel Caballero informou hoxe mércores da publicación no Boletín Oficial do Estado da aprobació definitiva do Estudo Informativo da Alta Velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, paso previo á contratación do proxecto básico e ao acopio de fondos "público-privados" para a construcción da liña. O treito soterrerado será "seguramente o túnel ferroviario máis longo de España", apuntou o alcalde.

Santi Domínguez presenta a campaña de turismo, que reforza a información e inclúe o programa "Vigo á carta"

mércores, 2 xuñ 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este mércores a nova campaña de turismo para este verán, que ten os obxectivos de facer que os visitantes que se achegan a Vigo teñan toda a información que precisen e que o servizo de turismo estea baseado na eficiencia e na calidade. O nacionalita salientou algunha das novidades da campaña, entre as que destacan o reforzo da páxina web, www.turismodevigo.org, como elemento de información aos visitantes e o programa "Vigo á carta".

Más de cen deportistas participarán este sábado no IV Trofeo Concello de Vigo de Bádminton nas Travesas

mércores, 2 xuñ 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que a Pista Vermella do polideportivo das Travesas acollerá o vindeiro sábado, 5 de xuño de 9:30 a 14 horas, o IV Trofeo Concello de Vigo de Bádminton e o I Memorial Luis Miró. Na presentación do torneo, o nacionalista resaltou que serán más de cen deportistas os que participarán na proba, nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.