Más de cen deportistas participarán este sábado no IV Trofeo Concello de Vigo de Bádminton nas Travesas
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que a Pista Vermella do polideportivo das Travesas acollerá o vindeiro sábado, 5 de xuño de 9:30 a 14 horas, o IV Trofeo Concello de Vigo de Bádminton e o I Memorial Luis Miró. Na presentación do torneo, o nacionalista resaltou que serán más de cen deportistas os que participarán na proba, nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
Xabier Alonso fixo fincapé na alta participación que terá o campionato, o cal ao seu xuízo "repercutirá moi positivamente no deporte de base". Neste sentido felicitou ao club Rachaplumas, organizador do torneo, e afirmou que esta proba tamén servirá de homenaxe ao deportista Ramón Quiroga, campión de España na categoría de veteranos. Na presentación, e en recoñecemento á súa traxectoria, agasallouno cun exemplar do libro "Vigo cidade das ondas".
Juan Manuel Vila, coordinador deportivo do club Rachaplumas, agradeceu á colaboración da Concellería de Deportes para fomentar a práctica do bádminton. Salientou que dos máis de cen deportistas participantes, 40 xogarán polo título nas súas respectivas categorías.
Respecto ás entidades de Vigo que participarán no trofeo destacou o IES Cotobade, IES Manuel Antonio, IES de Teis, Colexio Martín Codax, Colexio Carmelitas, Colexio Monterrey, e Club Rachaplumas.
Descargar todas as imaxes