Escoitar

O concelleiro de Deportes felicita aos ximnastas do Sieiro e Flic-Flac que subiron ao podio no Campionato de España

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe aos integrantes dos clubs Sieiro e Flic-Flac que esta fin de semana subiron ao podio nas diferentes modalidades do Campionato de España de Ximnasia Acrobática e Tumbling. O nacionalista quixo felicilitar persoalmente a todos os ximnastas e tamén agradecer aos clubs o bo traballo que están a facer.

martes, 1 xuñ 2010
1275395986acrobatica.JPG
Xabier Alonso salientou o alto nivel que estas disciplinas deportivas ten en Vigo, como o demostra os grandes exitos acadados nas probas celebradas no pavillón das Travesas. O concelleiro incidiu tamén no importante que é para a cidade ter deportistas deste nivel que grazas aos resultados acadados esta fin de semana nos vindeiros meses van a poder participar en competicións de nivel internacional. "É moi importante para á cidade que vaiades a representala noutros países", dixo o nacionalista.

O concelleiro de Deportes entregou como agasallo aos representantes do Flic-Flac e o Sieiro o libro "Vigo, a cidade das ondas", con textos de Eduardo Rolland e fotografías de Javier Teniente.
Descargar todas as imaxes