O Pleno aproba crear a biblioteca municipal "Xosé Neira Vilas" e solicita á Xunta a súa integración na Rede de Bibliotecas
Os tres grupos politicos ratificaron este luns no Pleno da Corporación a creación da biblioteca pública municipal "Xosé Neira Vilas", sita en Martínez Garrido, e a solicitude á Xunta de Galicia para que sexa integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia. A nova dotación cultural será encadrada na Concellería de Cultura do Concello de Vigo e contará con WIFI, servizos infantís e xuvenís e un espazo público multimedia.
O Pleno da Corporación municipal aprobou este luns a creación da biblioteca pública municipal "Xosé Neira Vilas", sita en Martínez Garrido 21, e a solicitude á Xunta de Galicia da súa integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Os servizos da biblioteca "Xosé Neira Vilas" serán de información e préstamo (servizo de atención ao usuario e servizo de consulta dos fondos da biblioteca), fondos xerais (servizo de consulta de fondos de información, coñecemento e ficción: narrativa, poesía, teatro e outros xéneros), prensa, revistas e referencia (servizo de lectura e consulta de prensa e revistas, presencial e en liña, servizo de lectura e consulta de bases de datos, enciclopedias, presencial e en liña) e espazo multimedia (servizo de alfabetización dixital e servizo de acceso público a internet e ofimática).
A nova dotación contará tamén cun espazo xuvenil (servizo lectura de cómics e ficción; servizo de música, imaxe e xogos, servizo de fondos infantís: coñecementos, ficción e cómics; servizo de acceso a internet e ofimática; servizo de xogos electrónicos educativos), e cunha área de traballo (xestión, dirección, proceso físico e técnico dos fondos; preparación de actividades, etc.).A Biblioteca terá tamén espazo wifi: servizo de conexión wifi, espazo provisto con tomas eléctricas (superficie útil e usuarios: 389 m2 e 74 postos de usuario)
A capacidade máxima dos fondos da biblioteca prevista no plan funcional da biblioteca para o fondo xeral e infantil (coñecementos, ficción, música e imaxe, etc.) podería chegar aos 11.000 exemplares.
Irmanamento
O Pleno validou asemade unha proposta de irmanamento de Vigo e Las Palmas de Gran Canaria, recollendo o sentir das cidades de Vigo e Las Palmas, co gallo de favorecer os intercambios sociais e culturais de ámbalas dúas cidades, e co respeto da Carta de Cidades irmanadas
Luis Tosar
A Corporación acordou tamén iniciar o expediente para nomeamento do actor Luis Tosar como embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo, polo Pleno da Corporación Municipal e que polo departamento de Cultura se realice un informe, sen custe algún.