A Fundación Laxeiro pon en marcha o voluntariado da terceira idade para impulsar as visitas guiadas
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este xoves que a Fundación Laxeiro pon en marcha o voluntariado da terceira idade para impulsar as visitas guiadas á colección permanente. Para participar nos percorridos, que poderán facerse en calquera día da semana, as persoas interesadas terán que poñerse en contacto coa Fundación a través do teléfono 986 438 475 ou mediante o correo fundación@laxeiro.es.
Na presentación desta iniciativa, ademais do concelleiro de Cultura participaron o edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, o director xeral da Fundación, Carlos García-Suárez, o director artístico, Javier Pérez Buján, e os dous voluntarios seleccionados para participar no proxecto, Lola Villar e Juan Manuel Santos. Xesus López destacou que entre os obxectivos deste proxecto destacan "rematar coa sensación de inactividade" que habitualmente teñen as persoas maiores, así como aproveitar a súa experiencia para conseguir que as visitas á Fundación permitan afondar no coñecemento de Laxeiro de xeito máis ameno.
O concelleiro de Cultura felicitou á Fundación Laxeiro, por impulsar esta iniciativa, e á Concellería de Participación Cidadá, "por estar con nós neste proxecto e facelo posible". Ao respecto, Santos Héctor expresou os seus parabéns á Concellería de Cultura, "porque traballa arreo para que o que temos na cidade se poña en valor e se coñeza". Asegurou, asemade, que conta coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá "porque somos goberno e non podería ser doutra maneira".
Santos Héctor salientou a importancia do voluntariado para "fomentar a cultura e afondar na figura de Laxeiro, un dos iconos máis importantes que temos". Ao seu xuízo, a achega dos voluntarios fará "moi atractiva as visitas" á Fundación. Sinalou que o Concello conta con máis de 600 voluntarios e voluntarias "que fan os traballos máis diversos".
"Este proxecto nace da inquedanza da Fundación Laxeiro de mellorar os servizos que presta á cidadanía", explicou Javier Pérez Buján. Indicou que a posta en marcha do voluntariado enmárcase nas propostas que impulsa para dinamizar a exposición permanente, que conta coas obras máis representativas de Laxeiro. Entre ellas mencionou as actividades escolares, polas que dende a súa posta en marcha en 2003 pasaron máis de 15.000 estudantes.
O director artístico da Fundación destacou que a creación do voluntariado da terceira idade busca a implicación dos vellos "tal e como o entendemos en galego, sen senso despectivo", pero que non suple o servizo dos guías culturais. "Trátase máis ben dun intercambio que dunha clase maxistral", aclarou. Finalmente, agradeceu ás dúas concellerías implicadas "porque dende o primeiro momento foron receptivas a este proxecto". A voluntaria Lola Villar asegurou que é "unha honra participar neste proxecto", e que as súas motivacións son artísticas.
Descargar todas as imaxes