Tenencia e Benestar achegan 220.000 euros ás entidades sociais Érguete, Médicos do Mundo, Madro e Alborada
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este xoves a renovación dos acordos de colaboración con Érguete, Médicos do Mundo, Madro e Alborada por un importe global de 220.000 euros. Os concelleiros salientaron que este acordo ten o obxectivo de axudar a que estas catro entidades sigan desenvolven o seu traballo no eido da prevención das drogodependencias e a atención ás persoas con problemas de adiccións.
Santi Domínguez destacou que a renovación destes convenios enmárcase no esforzo da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social "por atender aos colectivos menos favorecidos e que necesitan atendicón directa". Afirmou que tanto Érguete como Médicos do Mundo, Madro ou Alborada son "entidades históricas na nosa cidade", polo que ao seu xuízo dende as administracións "temos que ofrecer axuda económica para que poidan seguir desenvolvendo o seu traballo", así como abordar tarefas de coordinación.
O tenente de alcalde recoñeceu que sen estas institucións, para o Concello sería "imposible abordar estes problemas". Felicitou aos representantes das entidades e á concelleira de Benestar Social e ao seu equipo "porque a súa aposta de traballar pola xente se está cumprindo".
María Méndez deu conta pormenorizada dos convenios asinados. En referencia a Érguete, salientou que o convenio é para axudar ao desenvolvemento de actividades do programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependentes. Indicou que a subvención servirá para cofinanciar o funcionamento de 3 pisos, nos que ao longo de 2009 se atenderon 32 persoas (7 mulleres, 25 homes). A concelleira explicou que este convenio se completará con outra axuda para desenvolver programas de prevención das drogodependencias nos centros escolares.
No tocante ao convenio con Médicos do Mundo, a concelleira de Benestar Social indicou que o seu obxectivo é o de financiar as actividades no centro de reducción de danos, como recurso de atención e coidados mínimos de carácter interdisciplinar dirixido a reducir os riscos e danos do consumo de drogas. Sinalou que o convenio servirá para apoiar o dispositivo móbil de rúa. Respecto ás persoas atendidas en 2009, sinalou que foron 564, dos que 176 se trataron de casos novos e 388 foron seguimentos.
María Méndez tamén fixo referencia ao acordo asinado con Madro para desenvolver programas preventivos con mulleres nun piso de apoio. A nacionalista sinalou que na actualidade son 5 as mulleres acollidas. Finalmente, respecto a Alborada, que desenvolve programas preventivos na poboación escolar, indicou que o convenio ascende a 33.000 euros.
"Quero poñer en valor o gran esforzo que se está a facer para impulsar os programas de prevención no momento actual", subliñou a concelleira. Asegurou que o Concello de Vigo "sempre tivo e vai seguir tendo sensibilidade polas persoas en exclusión social", ao igual que as distintas entidades coas que se asinan os convenios.
María Méndez constatou que nun momento de crise como o actual "non todo o mundo ten a mesma sensibilidade", xa que aínda non está asinado o convenio de Cedro coa Xunta, "pese as nosas reiteradas peticións". Indocou que o custe total do orzamento de Cedro supera os 1.300.000 euros, tendo en conta os eidos asistencial e de prevención, asumido polo Concello dende que finalizou o pasado convenio no mes de decembro.
Lembrou que o BNG, no pasado pleno da corporación, presentou unha moción para instar á Xunta a asinar os convenios tanto con Cedro como o resto das entidades. A concelleira de Benestar Social criticou a intención da Xunta de tramitar os acordos mediante a Fegamp, polo que fixo un "chamamento á sensatez" para abordar o "problema terrible" das drogodependencias.
"Se todo o mundo non ten a mesma sensibilidade, as cousas pintan mal", comentou María Méndez ante o risco do peche de Cedro se a Xunta non fai a súa achega correspondente.
Descargar todas as imaxes