martes, 26 feb 2013
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI), Enrique Lorenzo, presentaron este martes unha nova edición do Festival de Habaneras. Serán dez as citas previstas, incluindo as tres datas de maio do Festival das Letras Galegas, coa participación de todas as corais de ACOPOVI.
venres, 22 feb 2013
Vigo deu comezo este venres no IES Santo Tomé aos actos que programa o Concello de Vigo para conmemorar a publicación da obra de Rosalía de Castro. 42 xornadas -ata o 17 de maio- e 42 puntos da cidade onde celebrar a data, abertos hoxe polo alcalde prendendo o facho e coa leitura dun manifesto.
xoves, 21 feb 2013
O auditorio municipal acolle o venres, día 22, ás 20 horas, a pre-estrea do domental "El desorden de los sentidos" que recolle a aventura dun xove xordo-cego e un neno con parálise cerebral percorrendo en triciclos adaptados o Camiño de Santiago.
xoves, 21 feb 2013
O alcalde, Abel Caballero, xunto a Manuel Garrido en representación da promotora, presentaron este xoves os concertos que ofrecerá o artista asturiano o venres e o sábado no Auditorio Mar de Vigo, ás 21 horas. Vigo será esta fin de semana o punto de partida da xira de presentación do novo traballo de Melendi.
mércores, 20 feb 2013
O próximo mes de maio chegará a Vigo o musical La Bella y la Bestia, un clásico de Disney que xa disfrutaron 35 millóns de espectadores en todo o mundo. Entre o 3 e o 12 de maio o Auditorio mar de Vigo acollerá un espectáculo que só se poderá disfrutar en 17 cidades españolas.
martes, 19 feb 2013
Este martes 19 de febreiro,ás 20.30 horas, celébrase no Auditorio do Concello de Vigo o XV , organizado pola Escola Municipal de Danza E Percusión Tradicional do Concello de Vigo.
venres, 15 feb 2013
Abel Caballero visitou esta mañá a Biblioteca Neira Vilas, un centro municpal que aumentou nun 232% o seu número de usuarios desde 2011. Resaltou o carácter dinamizador destas instalacións, que ofrecen actividades para todo tipo de públicos durante toda a semana.
mércores, 13 feb 2013
A Biblioteca Pública Central de Vigo convoca o IV Premio de banda deseñada "B.D. Vigo".<br />
Este certame ten como obxetivo animar ás xoves promesas da cultura do cómic galego así<br />
como achegalos á Biblioteca na que exporanse as obras participantes no concurso.O concurso está aberto a calquer persoa interesada en participar, dacordo coas seguintes bases:
venres, 8 feb 2013
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", programan O ENTROIDO 2013, que terá lugar do 8 ao 13 de febreiro, en distintos espazos da cidade. O programa comeza o venres 8 coa Entronización do Meco na porta do Sol, para continuar ás 20,30h co pregón, a cargo da xornalista Ana Guantes, na praza da Constitución. Ás 20,45h, na citada praza, terá lugar o concurso de coplas.
xoves, 7 feb 2013
FamiliArte chegará ao Auditorio do Concello na tarde do sábado, 16 de febreiro, con actuacións de Fon Román e Cé Orquestra Pantasma, ademais de obradoiros de radio de drawdios -un xoguete para debuxar música cun lapis-, co obxectivo de crear unha experiencia interactiva para pais e fillos coa música como fío condutor.