xoves, 14 mar 2013
O alcalde inaugurou este xoves a sétima edición do concurso de carteis da Reconquista, expostos na lonxa do Concello, no que optaron preto de 40 traballos procedentes de toda España e incluso espertando interese fóra das nosas fronteiras.
xoves, 14 mar 2013
A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, volve a colaborar coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na segunda edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre o 29 de maio e o 2 de xuño.<br />
martes, 12 mar 2013
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración co Auditorio "Mar de Vigo", presenta ao Centro Coreográfico Galego coa súa última montaxe para público familiar: "O Quebranoces"; a función terá lugar o sábado 16 de marzo, ás 18,00h, no citado auditorio (Avda Beiramar, 59).
xoves, 7 mar 2013
Do 7 ao 10 de marzo celebrase a décima segunda edición do Festival Alternativo das artes escénicas ALT'13 en distintos espazos de xestión municipal: auditorio municipal, Casa das Artes e salón de actos do MARCO. O festival está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro.
martes, 5 mar 2013
A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Oficina Municipal do Voluntariado, comeza as visitas guiadas á exposición temporal titulada "Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia", que se pode visitar ata o 28 de abril. Artistas participantes: Colin Baldwin, Misha Bies Golas, Luis Bueno, Tono Carbajo, Samuel Castro, María Chenut, Rosendo Cid, Santiago Mayo, Rosa Úbeda, Xosé Carlos Barros, Miguel Mosquera, Pablo Orza, Pelucas, Enrique Saavedra, Teo Soriano
venres, 1 mar 2013
Abel Caballero presentou este venres no Marco a "magnífica" exposición Hum, que volve situar a esta cidade na vangarda da cultura internacional. A mostra está comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma.
venres, 1 mar 2013
O próximo 7 de marzo arranca en Vigo o Festival Alternativo de Artes Escénicas Alt. Durante catro días distintos espazos municipais albergarán o programa dun certame consolidado na cidade e ao que o Concello apoia con 20.000 euros e a cesión do Auditorio Municipal, a Casa das Artes, o Marco e a Casa de Arines.
venres, 1 mar 2013
"Obxectos de poder" é o título da charla que impartirá o profesor Carlos Solla o sábado 2 de marzo, ás 18.00 horas na sala de exposición do Museo Liste de Vigo.
xoves, 28 feb 2013
A Sega é o nome da plataforma literaria de crítica feminista que presentaron hoxe xoves a concelleira de Igualdade, Isaura Abelarias, e as escritoras María Reimóndez e Susana Sánchez Arines. O Centro de Recursos Feministas recepcionará as obras que envíen as editoras para que as críticas as poidan recoller e albergarán as doazóns das obras que as editoriais envíen para recensionar.
mércores, 27 feb 2013
Stage Entertainment presenta por primeira vez en España a xira nacional do musical de Disney "La Bella y la Bestia" con un reparto excepcional encabezado por Ignasi Vidal no papel de Bestia, Talía del Val como Bela, Raúl Peña interpretando a Lefou e Daniel Diges dando vida a Gastón.A estrea en Vigo terá lugar o vindeiro 3 de maio, no Auditorio Mar de Vigo, ás 20,30h. As entradas atópanse xa á venda en Servinova dende 37€.