venres, 24 abr 2015
A Concellería de Igualdade organiza o ciclo "Tempo de seu. Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial" que terá lugar na Casa Galega da Cultura durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio. "Tempo de Seu" é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.
venres, 24 abr 2015
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 71 de data 16 de abril de 2015, estará en exposición pública entre os días 17 de abril ata o 2 de maio en horario de 9 a 13,30 h. na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello de luns a vernes a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas correspondente ó ano 2015
venres, 17 abr 2015
No marco do programa "Vigo, un mar de bandas" que acolle o convenio de colaboración que está a impulsar a Concellería de Cultura, Festas e Museos coas bandas de música populares da nosa cidade, informase que o prazo de admisión de solicitudes será ata ás 13.30 horas do día 2 de maio do presente ano.
venres, 17 abr 2015
No marco do programa "Vigo, un mar de Corais" que acolle o convenio de colaboración que está a impulsar a Concellería de Cultura, Festas e Museos coas Agrupacións Corais Polifónicas da nosa cidade, informase que o prazo de admisión de solicitudes será ata ás 13.30 horas do día 2 de maio do presente ano.
venres, 17 abr 2015
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 26.03.2015, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2015 das "SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 71 do 16 de abril de 2015.
venres, 17 abr 2015
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo: Aprobar as Bases e a Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á súa actividade deportiva da tempada 2014/2015 (BOP 9 de abril de 2015), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2015 con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 430.500,00 euros (Catrocentos trinta mil cincocentos euros).
venres, 17 abr 2015
A Concellería de Igualdade de Vigo organiza a xornada formativa:" O contexto educativo. Clave para previr a violencia de xénero e sexual entre a mocidade" que terá lugar en Vigo os días 24 e 25 de abril.