Anuncios e Bandos
Normas para as fogueiras da noite de San Xoan
venres, 29 mai 2015As persoas físicas ou xurdídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de 15 días ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e DNI ( achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación coa indicación do lugar (solicitado na oficina de información urbanística).Deberase acompañar anexo indicando as medidas de seguridade a adoptar.
CONVOCATORIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS 2015-2016 "Achégate o deporte"
venres, 29 mai 2015Dende a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, iníciase o proxecto de promoción deportiva "Achégate ao Deporte" para o período 2015-2016, relacionado coa iniciación deportiva, a través do proxecto para a promoción das escolas deportivas das entidades na cidade de Vigo, en colaboración coas entidades deportivas, clubs e federacións deportivas.
LECER NO VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
venres, 22 mai 2015O proxecto consiste nun servizo de lecer e respiro familiar de carácter non permanente , dirixido a persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo, que se realizará nos meses de xullo e agosto.Poderán participar as persoas a partir dos seis anos de idade.O prazo de presentación de solicitudes será ata o 2 de xuño no rexistro xeral do Concello.
Convocatoria para a provisión de funcionario interino da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
venres, 22 mai 2015A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de data 18 de maio de 2015, aprobou a Convocatoria e as Bases rectoras dos procesos selectivos para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Debuxo Artístico, Moda e Confección, Ourivaría e Serigrafía Artística na Escola Municipal de Artes e Oficios.
Contadas do alumnado co CIOV de Normalización lingüística
venres, 22 mai 2015Como remate do curso, o alumnado do Centro de Interpretaciónda Oralidade vai realizar dúas contadas nesta vindeira semana, o mércores 27 e o venres 29 de maio.