CONVOCATORIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS 2015-2016 "Achégate o deporte"
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, iníciase o proxecto de promoción deportiva "Achégate ao Deporte" para o período 2015-2016, relacionado coa iniciación deportiva, a través do proxecto para a promoción das escolas deportivas das entidades na cidade de Vigo, en colaboración coas entidades deportivas, clubs e federacións deportivas.
O Concello de Vigo busca, a través deste programa, mellorar a oferta para a iniciación deportiva, tanto en relación a calidade, como no número de prazas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 18 anos en deportes individuais e de 6 a 16 en deportes colectivos. Para este novo curso 2015-2016, prográmanse unha serie de actividades, que permitan atender e orientar a demanda deportiva da xuventude, cada día, máis preocupada pola práctica deportiva e coidado do seu corpo.
O Concello de Vigo abre un novo prazo para a inscrición das entidades deportivas, que desexen participar no Programa de Municipal de Escolas Deportivas, promovendo unha gran oferta de modalidades diferentes, distribuídas polas instalacións deportivas municipais, durante os meses de Outubro a Maio.
O Concello de Vigo, comprométese co Deporte en Vigo a través da potenciación deste programa Municipal de Escolas deportivas, a través do cal se posibilitarán os seguintes aspectos de colaboración cas entidades que o desenrolan:
- Coordinar as necesidades de promoción e difusión do proxecto, e promover a máxima difusión da oferta de iniciación das diversas practicas deportivas coas entidades da cidade de Vigo.
- Garantir unha calidade na práctica e na formación deportiva das entidades participantes.
- Facilitar o uso das Instalacións deportivas Municipais de maneira gratuíta.
- Colaborar na financiación dos gastos xerais que teñen as entidades deportivas participantes, así como dotar as mesmas do material didáctico/deportivo necesario.
DONDE E COMO PODO PRESENTAR A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN:
Poderán presentar solicitude todas as entidades deportivas que forman parte do actual programa, así como calquera outra entidade que queira incorporar as súas escolas deportivas a este novo Programa Municipal 2015-2016.
A presentación da solicitude se deberá realizar coa presentación dun proxecto docente para o programa municipal de escolas deportivas. O prazo de presentación estará aberto dende o 27 de Maio ata o 26 de Xuño, e deberá presentarse no rexistro do Instituto Municipal dos deportes.
Requisitos mínimos para que a Entidade deportiva inclúa a súa Escola Deportiva no Programa Municipal:
Documentación que debe presentar a Entidade Deportiva solicitante:
- Nome da entidade. Domicilio, Teléfono, e-mail de contacto, cif, estatutos, número de conta e Iban.
- Datos do presidente e cargos responsables da entidade.
- Datos de referencia deportiva da entidade, antigüidade, equipos, nº de deportistas..
- Copia de Poliza de responsabilidade civil da entidade (RC).
Proxecto de escola na modalidade deportiva que pretende desenvolver, cos seguintes apartados:
- Obxectivos a desenvolver na escola deportiva. Especificación dos contidos a desenvolver ó longo do curso, distribuídos por idades e categorías. Metodoloxía de traballo, procesos de avaliación, etc.
- Solicitude de instalacións, horarios e días para a actividade. Disponibiladade de medios propios
- Persoal titulado que desenvolverá o programa docente, e que asina o proxecto docente.
Para máis información poden chamar ós teléfonos 986-232884.