venres, 8 mai 2015
De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións das taxas de recollida lixo-vivenda e exaccións unificadas industriais(EUI) do ano 2015 ata o 15 de maio do presente ano.
venres, 8 mai 2015
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza o obradoiro formativo "A ciberviolencia sexual na mocidade" dirixido a nais, pais e familiares interesados/as que terá os seguintes obxectivos e contidos.
Programa municipal de turismo sostible <br />
Experiencia piloto do día 23 de maio de 2015, entre as 10:30 e as 17:00 horas
xoves, 30 abr 2015
O Concello de Vigo organiza, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un programa de turismo sostible e cultura para as Illas Cíes de Vigo en baixa tempada, para descubrir, gozar e preservar este paraíso natural que queremos Patrimonio da Humanidade. Prográmase esta experiencia piloto internacional dirixida a Portugal para avaliar e adaptar o proxecto e mellorar a súa operativa internacional.
venres, 24 abr 2015
Dirixidas a alumnos/as matriculados/as en centros docentes públicos ou privados concertados, en educación infantil (2º etapa), educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
venres, 24 abr 2015
No marco do programa "Festival Folclórico Internacional" que acolle o convenio de colaboración que está a impulsar a Concellería de Cultura e Festas coa Asociación Cultural Interfolc, informase do prazo de presentación das solicitudes no Rexistro Xeral é dende o día 24 de abril ata ás 13.30 horas do día 11 maio do presente ano.