Anuncios e Bandos
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A ADXUDICACION DE PRAZAS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA "VIGO EN INGLÉS 2015" DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE 3
venres, 27 mar 2015A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente do 11 de marzo de 2015 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria específica para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa – Vigo en Ingles", para o ano 2015, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos". (expte. 16838-332)
Contada colectiva do alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo
xoves, 19 mar 2015O 20 de marzo celébrase o Día internacional da narración oral e dende a Concellería de Normalización Lingüística organizase cunha contada colectiva do alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para publico familiar.Terá lugar en Detrás do Marco (rúa Londres, s/n) ás 18:30 h. Entrada de balde
Convocatoria de axudas municipais á creación de empresas <br />
xoves, 19 mar 2015A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 06.03.2015, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2015 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 53 do 18 de marzo de 2015.
Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2015
xoves, 19 mar 2015Tras a publicación o día 19 de marzo de 2015 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2015 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 6 de marzo de 2015), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria. <br />
"AS ILLAS CÍES DE VIGO. AS TÚAS ILLAS",programa municipal de turismo sostible
venres, 13 mar 2015O Concello de Vigo organiza una experiencia piloto o día 21 de marzo, entre as 10:30 e as 17.00 horas, nas Illas Cies no marco do programa municipal de turismo sostible. A experiencia artéllase en tres rutas:paseos sonoros, arte e descubrindo a natureza.