Desfile de comparsas e carrozas, domingo, 22 de febreiro ás 17,00 horas

venres, 20 feb 2015

Con motivo da suspensión do desfile de comparsas e carrozas previsto para o pasado sábado, 14 de febreiro, e á vista do posterior traslado de data ao domingo día 22 de febreiro ás 17,00 horas, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico que afectará principalmente a García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII:

Talleres sobre "AVELLENTAMENTO ACTIVO"

venres, 6 feb 2015

A Concellería de Política de Benestar programa talleres de Risa Activa, Relaxación e Movemento, Musicoterapia, Memoria, Vivir en Positivo, Saúde e diversión, Danzas do Mundo ,Pilates en cadeira e Autocoñecemneto e masaxes.Dirixida a persoas con autonomía maiores de 65 anos. Os talleres son gratuitos e teñen una duración anual.As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello

Obradoiro sobre Xénero e Fomento da Igualdade

venres, 6 feb 2015

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro sobre XÉNERO E FOMENTO DA IGUALDADE"de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres.As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.Inscrición previa desde o día 6 de febreiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.