Obradoiro "Liderado feminino a través da comunicación"

venres, 13 mar 2015

O goberno de Vigo abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto,"LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN" As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo. Inscrición previa desde o día 13 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h. Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .<br /> <br />

Selección de funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia transitoria en OURIVERÍA

venres, 27 feb 2015

A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de data 23 de febreiro de 2015, aprobou a Convocatoria e as Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Ourivería na Escola Municipal de Artes e Oficios.