Anuncio Festividade de San Martin de Porres

luns, 3 nov 2014

Ponse en coñecemento do público en xeral que, co gallo da celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón dos traballadores do Servizo de Recollida de Residuos e Limpeza, o martes día 4 de novembro do 2014, non se prestarán estes servizos, polo que solicítase a máxima colaboración cidadá.<br /> <br />

Anuncio Transportes

CONVOCATORIA DO EXAME DE OBTENCIÓN DO PERMISO MUNICIPAL DE CONDUCIÓN DE AUTOTAXIS

venres, 3 out 2014

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 21 de outubro de 2014, incluído. A documentación requirida é a seguinte:

ANUNCIO DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO<br />

CONVOCATORIA PARA O ANO 2014 DAS AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA<br />

venres, 3 out 2014

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 26.09.2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 das AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 188 do 30 de setembro de 2014.