ANUNCIO
DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO

CONVOCATORIA PARA O ANO 2014 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

luns, 4 ago 2014

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 11.07.2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 145 de 30 de xullo de 2014.

Novas zonas XER

venres, 18 xul 2014

Ponse en coñecemento da cidadanía que, a partir das 09,00 horas do día 21 de xullo de 2014, establécese como zona XER as seguintes rúas:
• República Arxentina (entre os números 19 e 21)
• Caracas (entre a rúa Honduras e Fernando Conde)
• E. Heraclio Botana.

Inscrición no XX Festival Folclórico Internacional

venres, 27 xuñ 2014

O Festival Folclórico Internacional, froito do convenio de colaboración entre a Concellería de Cultura e Festas e a Asociación Cultural Interfolc, que chega á súa vixésima edición, abre o prazo de solicitudes de actuacións, que terán lugar entre o 5 e o 10 de agosto. O festival inclúese na programación Vigo en Festas 2014. O festival ten por obxecto fomentar, promocionar e achegar a cultura tradicional e o folclore popular á cidadanía, polo que ofértanse un número máximo de CINCO beneficiarios de actuacións para a presente edición.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A FAMILIAS

venres, 27 xuñ 2014

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do día 30 de maio de 2014, aprobou as bases e a convocatoria do «Programa Municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2014»