B A N D O : NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DA NOITE DA SAN XOAN

venres, 30 mai 2014

As persoas físicas ou xurídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de SAN XOAN deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de quince días (15) ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I. (achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación ca indicación do lugar (solicitado na oficina de Información urbanística).

Lecer no verán para persoas con discapacidade

venres, 23 mai 2014

O departamento de Política de Benestar en colaboración con Pasovigo vai realizar o proxecto "Lecer no verán para persoas con discapacidade" durante os meses de xullo e agosto que consiste nun servizo de ocio e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido ás persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo.Consta de dúas actividades:"Diviértete no verán" no mes de xullo e "Verán do lecer" no mes de agosto
As solicitudes presentarse no rexistro xeral do Concello dende o 19 ao 31 de maio en horario de 9.00h a 13.30h.

Bases reguladoras e convocatoria do programa "Vigo en inglés 2014"

venres, 23 mai 2014

A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria do 16 de maio de 2014 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria específica para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa – Vigo en Ingles", para o ano 2014, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos".
O prazo para a presentación de solicitudes é do 26 de maio ao 06 de xuño de 2014, ambos inclusive.
As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº 1, 36202)

Axudas municipais de libros e comedor curso 2014-15

venres, 16 mai 2014

Dirixidas a alumnos/as matriculados/as en centros docentes públicos ou privados concertados, en educación infantil (2º etapa), educación primaria e educación secundaria obrigatoria
As axudas para adquisición de libros e material escolar van dirixidas aos alumnos/as de educación infantil (2º etapa).