CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL

xoves, 10 abr 2014

A Concellería de Emprego, Participacion Cidadá e Voluntariado programa novos cursos de alfabetizacion dixital para o segundo trimestre deste ano e que se celebrarán no Centro Municipal de Emprego sito na rúa Oporto nº1.

BANDO ENTROIDO 2014

Desfile de comparsas e carrozas, domingo, 9 de marzo ás 17,00 horas

venres, 7 mar 2014

Con motivo da suspensión do desfile de comparsas e carrozas previsto para o pasado sábado, 1 de marzo, e á vista do posterior traslado de data ao domingo día 9 de marzo ás 17,00 horas, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico que afectará principalmente a García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII:

Abre o prazo de inscricion para os obradoiros " UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS " e "A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA"

xoves, 6 mar 2014

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.Inscrición previa desde o día 7 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE PARA O ANO 2014

venres, 28 feb 2014

De conformidade co disposto no apartado 3º do artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e 36 da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Vigo, a concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo, por resolución de data 14 de xaneiro de 2014, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU:

Fixar como datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ó exercicio 2014 (calendario do contribuínte para o ano 2014), así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, as seguintes: