Anuncios e Bandos
Programa "Festival Folclórico Internacional"
venres, 21 xuñ 2013No marco do programa "Festival Folclórico Internacional" que acolle o convenio de colaboración que está a impulsar a Concellería de Cultura e Festas coa Asociación Cultural Interfolc, da nosa cidade, informase do prazo de admisión de solicitudes é ata ás 13.30 horas do día 28 xuño do presente ano.
Convocatoria do programa municipal de escolas deportivas 2013-2014 "Achégate o deporte"
venres, 21 xuñ 2013Dende a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, e a través do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo iniciase o proxecto de promoción deportiva "Achégate ao Deporte" para o período 2013-2014, relacionado coa iniciación deportiva, a través do proxecto para a promoción das escolas deportivas na cidade de Vigo, en colaboración coas entidades deportivas, clubs e federacións deportivas.
Cursos de informática de Participación Cidadá
venres, 14 xuñ 2013Aberta a inscrición para os cursos gratuitos de iniciación á informática e internet, tratamento de textos e folla de cálculo e uso do DNIe electrónico nos Centros Cívicos de Casco Vello e Teis.
Preinscrición para o curso 2013-2014 das Escolas Municipais de Música e Artes <br />
venres, 14 xuñ 2013O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2013-2014 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes (EMMA): Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD), Escola Municipal de Teatro (EMT), Escola Municipal de Danza (EMD) e Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).
Campaña "DE BOA MAN"
venres, 31 mai 2013A Concellaría de Politica de Benestar vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XIII edición os vindeiros días 4,5,6 e 7 de xuño de 2013. O proxecto consiste na exposición e venta de productos feitos por dez asociacions de persoas con discapacidade. <br />
CONVOCATORIA PARA O ANO 2013 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN<br />
venres, 31 mai 2013A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 10/05/2013, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2013 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no ámbito dos programas de apoio á inserción laboral, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 100 de 27 de maio de 2013.
CONVOCATORIA PARA O ANO 2013 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"
venres, 31 mai 2013A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 20/05/2013, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2013 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"as cales foron publicadas no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm 100 de 27 de maio de 2013 .