Anuncios e Bandos
Cursos gratuitos de "INTERNET EDUCATIVO PARA NENOS E NENAS" nos Centros Cívicos da Cidade.

xoves, 30 mai 2013A Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, organiza Obradoiros Infantís nos Centros Cívicos da cidade de "Internet Educativo para Nenos e Nenas" en horario de mañá, de 10:30 a 12:30, ó longo do mes de xullo de 2013.
Convocatoria de "Respiro Familiar Municipal para Persoas con Discapacidade"
venres, 24 mai 2013A Concellería de Política Social abre o prazo desta convocatoria dirixida a familias ou coidadores de persoas afectadas por algunha discapacidade entre 3 e 50 anos, que precisen dispoñer puntualmente de tempo libre , as estanzas serán de fin de semán.

Lecer no verán para persoas con discapacidade
venres, 24 mai 2013O proxecto consiste nun servizo de lecer e respiro familiar de carácter non permanente , dirixido a persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo, que se realizará nos mese de xullo e agosto.
Obradoiro de "Xénero e igualdade de oportunidades"
venres, 24 mai 2013A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto "Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade".
Videofórum Roberto Vidal Bolaño
martes, 21 mai 2013O martes 21 e xoves 23 de maio ás 19:00 h no Auditorio do Concello, con entrada gratuíta,achegarase a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas,Roberto Vidal Bolaño,a través do cine e xunto coa actriz Uxía Blanco.

SUSPENSIÓN DA EXPEDICIÓN DE PERMISOS DE QUEIMAS
venres, 10 mai 2013Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes.Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.

REQUISITOS PARA A CONCESION DE AUTORIZACION PARA O DISPARO OU QUEIMA DE MATERIAL PIROTÉCNICO (MENOS DE 50 KG.) DENTRO DO TERMO MUNICIPAL DE V I G O
venres, 10 mai 2013Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas , os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.
TAXA POLA RECOLLIDA DO LIXO VIVENDA EXACCIÓNS UNIFICADAS INDUSTRIAIS

venres, 10 mai 2013De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións das taxas pola recollida do lixo nas vivendas e Exaccións unificadas industriais do ano 2013 ata o 15 de maio do presente ano.
NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DA NOITE DA SAN XOAN
venres, 10 mai 2013As persoas físicas ou xurídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de SAN XOAN deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de quince días (15) ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I. (achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación ca indicación do lugar (solicitado na oficina de Información urbanística).