Política de Benestar
venres, 26 abr 2013
Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segunda etapa), educación primaria e secundaria, do Concello de Vigo, curso 2013/2014.
venres, 19 abr 2013
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da celebración do Día Mundial da Bicicleta, terá lugar no Castro o evento VIVE VIGO EN BICI, con diversas actividades, polo que compre pechar ao tráfico as rúas e treitos seguintes: PASEO DOS CEDROS, PASEO ROSALÍA DE CASTRO, MARQUÉS DE ALCEDO, entre Manuel Olivié e o Paseo Rosalía de Castro, en sentido cara ao Paseo Rosalía de Castro, o Sábado 20/04/2013 entre as 06:00 e as 22:00 horas.
Anuncio da XERENCIA DE URBANISMO
venres, 19 abr 2013
Ponse en coñecemento dos PROPIETARIOS das EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS NO ANO 1981 que o 11 de abril de 2013 se procedeu á publicación nos taboleiros de anuncios do Concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n - Vigo), e na páxina web do Concello (www.vigo.org/ite), da listaxe das referencias catastrais correspondentes ás edificacións das que non consta a presentación do informe de ITE durante o ANO 2012.
venres, 12 abr 2013
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de RECRECIDO DE TAPAS NA RUA ROMIL, a realizar pola empresa Ute Conservacion Vigo (Civis Global- Construcciones Crespo S.A.) , estará pechada ao tráfico a rúa ROMIL, treito entre Camelias e Cachamuíña, con acceso exclusivo para garaxes, dende o DOMINGO 14/04/2013 ás 08:00 horas e por un período aproximado dun día.