Escoitar
Normalización Lingüística

Vigo en galego con Rosalía. Alumea a túa lingua!

venres, 19 abr 2013
1366374743rosalia.jpg.jpg
Maratón Musical

Venres 19 de abril ás 20:30 h, no C. Cultural de Beade (estrada Coutada, 42)
Sábado 20 de abril ás 17:00 h, no C. Cultural Nautilius (camiño Sanín, 54-Comesaña)

Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.

Concertos

-Nuria Lorenzo e Carlos Enrique Pérez
Venres 19 de abril ás 20:30 h, no Auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música, Manuel Olivié, 23) Homenaxe a Rosalía interpretando con voz e piano poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

-Concerto "Rosalía 21"
Sábado 20 de abril ás 20:00 h, no no Auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música, Manuel Olivié, 23) Homenaxe de Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira

O repoludo gaiteiro

Domingo 21 de abril ás 13:00 h, no Verbum
Representación de sombras chinesas. Dirixido por Tanxarina

Obradoiro Hip-hop de Rosalía

Martes 23 (Día do libro) de abril ás 18:00 h, na Biblioteca Neira Vilas (avda. Martínez Garrido, 21)
O obradoiro de hip hop baseado na vida e a obra de Rosalía de Castro será impartido por Serxio Regos "García", do colectivo Hip-Hop Dios Ke Te Crew. O obradoiro está dirixido a maiores de 12 anos, onde maiores e pequenos poderán gozar facendo rimas e descubrindo e redescubrindo a nosa poetisa máis coñecida. O prazo de inscrición está aberto. Para anotarse deben poñerse en contacto coa Biblioteca Neira Vilas no teléfono 986 267759

Nova edición de Cantares Gallegos

Martes 23 (Día do libro) de abril ás 19:30 h, no Auditorio do Concello (praza do Rei, núm. 1)
Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, escolleu este Día do Libro para presentar unha nova edición de Cantares Gallegos, que presenta cun amplo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. O acto será completado co recital da poeta Luciana e coa interpretación de dúas cancións rosalianas por Alba M. Rodríguez Díaz

Ola ríos, ola fontes

Xoves 25 de abril ás 18:00 h, na Biblioteca Neira Vilas (avda. Martínez Garrido, 21)
"Ola ríos, ola fontes" é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía e música que pousa no corazón dos nenos imaxes onde a natureza e os animais da nosa terra teñen un lugar importante. Para nenos e nenas maiores de 3 anos.


Para máis información doutras actividades de "Vigo en galego con Rosalía" pode consultar a web www.vigo.org (sección axenda de eventos)

Outras actividades

Escrita creativa

Mércores 24 e luns 29 de abril de 17:00 a 19:00 h, na Biblioteca Central (Joaquín Yánez,6)
Obradoiro concibido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa. As persoas asistentes terán a oportunidade de plasmar sobre o papel o que hai na súa imaxinación, literaturizar a súa vida, xogar a crear mundos coas palabras...
Escribiranse poemas, relatos, contos... sempre partindo de actividades moi sorprendentes.
Para participar é preciso anotarse chamando SNL do Concello ao número 986810281 entre as 9:00 e as 14:00 h

Comunicación oral

Luns 22 e xoves 25 de abril de 17:30 a 20:00 h, na Biblioteca Central (Joaquín Yánez,6)
Para participar só é preciso acudir á actividade os días sinalados

Luns 29 e martes 30 de abril de 17:00 a 19:30 h, no salón de actos do IME (Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, núm. 2)
Para participar é preciso anotarse chamando ao SNL do Concello ao número 9860810281 entre as 9:00 e as 14:00 h

Dirixido a persoas adultas que queiran seducir coa voz.
Obradoiro gratuíto no que nos achegaremos a com comunicarnos en público: vencer o medo ao micrófono, como modular a voz, ordenar o discurso...
A linguaxe non verbal, a presenza, a brevidade...

Club de debate

Sábado 20 de abril ás 10:00 h, no Salon de Actos do Verbum
É unha actividade para os centros escolares, onde participan rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO ou 1º de bacharelato. Nesta ocasión enfróntanse os centros IES de Castelao (Vigo) e IES de Terra de Turonio (Gondomar). Os equipos están compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 10 alumnos/as e mais o/a preparador/a (un/unha profesor/a). Pode asistir calquera persoa como público
Descargar todas as imaxes