mércores, 17 abr 2013
A Comisión Nacional de Administración Local aceptou a proposta do vicepresidente da FEMP e alcalde de Vigo de que os concellos que tiveran superávit o ano pasado poideran invertir eses remanentes. Esta autorización permitirá ao Concello de Vigo dispoñer de 5,9 millóns máis para investir este ano co obxectivo, sobre todo, de xerar emprego.
mércores, 17 abr 2013
Abel Caballero avanzou hoxe mércores a autorización de gasto de 219.000 euros para distintas asociacións sociais, deportivas e culturais da cidade. Tamén se realizou o primeiro pago para a aula da UNED de Vigo, que financia integramente o Concello.
mércores, 17 abr 2013
O xoves 18 de abril a Rede de Mulleres Veciñais ten previsto o visionado da documental "Mirar a la ventana" do Colectivo Maduras. A actividade terá lugar no Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na Biblioteca Central na rúa de Joaquín Yáñez 6 - 2º andar ás 18h.
mércores, 17 abr 2013
A Sociedade Filarmónica de Vigo en colaboración coa Escola de Artes e Oficios celebrará un acto de intercambio de programas de principios do século XX de concertos da Sociedade Filarmónica celebrados en Vigo.A actividade terá lugar no salón de Escola o xoves 18 de abril ás 19.00 horas.