O alcalde falará con aeroliñas e forzas sociais de Vigo para "dar batalla en defensa do aeroporto"
Abel Caballero iniciou este mércores coa directora do aeroporto, Noelia Martínez, unha rolda de contactos sobre o estado de Peinador, que continuará con expertos e mañá co comité de empresa. O alcalde, que tamén falará con Iberia e Air Europa da súa presenza en Vigo, percibe "enfado" na cidadanía pola "competencia desleal" de Oporto e Santiago.
"Imos dar batalla en defensa do aeroporto de Vigo", asegurou Abel Caballero tras iniciar este mércores unha rolda de contactos sobre Peinador coa directora do mesmo, Noelia Martínez.
O alcalde asegurou que ambos ven "con gran preocupación" a situación actual da terminal viguesa, que está a ser vítima de "competencia desleal" por parte de Santiago -onde a Xunta de Galicia subvenciona liñas de baixo custo que compiten directamente con rutas que Vigo opera sen axudas, como Madrid- e por parte de Oporto -subvencionado polo goberno portugués-.
Esta situación "agrávase", afirmou Caballero ante os medios, coas aportacións do goberno de A Coruña a Air Europa, compañía que se leva á urbe herculina os avións cos que hoxe opera en Vigo, onde pasarán a voar con turbohélices de 60 prazas que tardarán en chegar a Madrid 1:35h, en lugar dos 55 minutos e 180 prazais actuais.
O rexedor tamén constatou "dificultades" nos horarios dos voos de Vueling a Barcelona, que parten de Vigo a media mañá e anunciou contactos con Iberia para reforzar, de cara ao verán, o número de prazas que oferta desde Peinador a Madrid nas rutas da mañá. Caballero contactará igualmente con Air Europa para intentar que manteña o tipo de avión que fleta desde Vigo a Madrid desde outono, conscente da "limitación" que supón non contar con orzamento para negociar coa aeroliña, o que si acontece na Coruña, por exempo.
Xunto ás compañías, Abel Caballero avanzou reunións con forzas sociais de Vigo para debatir sobre o presente e futuro do aeródromo vigués, comezando este mesmo mércores coa súa directora e cun experto en transporte aéreo. Para mañá xoves, o alcalde citará ao comité de empresa de AENA en Peinador. O rexedor percibe un "importante enfado" da cidadanía viguesa pola situación do aeroporto de Vigo e anunciou que "imos dar a batalla" en defensa do mesmo "con todos os mecanismos ao noso alcance", incluindo a acción "orzamentaria", que precisaría da aprobación plenaria.
Obras en Peinador
Tras a reunión con Martínez, Abel Caballero informou de que a marcha das reformas na terminal viguesa é "francamente boa" e sobre os prazos previstos, co que se prevé a finalización das mesmas no primeiro trimestre de 2014. O alcalde recoñeceu á ministra de Fomento, Ana Pastor, ter cumprido coa súa palabra e finalizado coas obras de mellora en Peinador.
Descargar todas as imaxes