O Ministerio de Facenda certifica que a débeda de Vigo é a máis baixa de todas as grandes cidades de España en réxime común
Vigo é, con 55,7 millóns, o concello de réxime común menos endebedado de España, tal e como certifica o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. En termos de porcentaxe de orzamento, esta débeda é de 24,9%, mentres que a media nacional se aproxima ao 80%.
Segundo o informe do Ministerio de Economía sobre débeda viva das corporacións locais a 31 de decembro de 2012, a débeda de Vigo é de 55,7 millóns, a máis baixa de todos os concellos de España, exepto Bilbao -que ten rexime foral-. O alcalde explicou hoxe martes en rolda de prensa que o Goberno Central ven de avalar as cifras de débeda que defendeu o goberno local como válidas, a pesar dos intentos da oposición de incrementar esa cifra ata os 100 millóns. Tal e como precisou, en termos de porcentaxe de orzamento, esta débeda é de 24,9%, mentres que a media nacional ronda o 80%. Lembrou que no 2007, a porcentaxe era do 33%.
Proseguindo con datos colgados na páxina web do Ministerio, Vigo é, xunto con Ferrol, a cidade con menor presión fiscal de Galicia. Concretamente, Vigo ten 490 euros/habitante; Pontevedra, 539; A Coruña, 590; e Ourense, 665 euros/habitante. Estes datos revelan, dixo, que Vigo ten unha carga fiscal moi por debaixo de Galicia e de España.
Tal e como avanzou o rexedor, estes datos serán abordados durante o Comité Nacional de Administración Local, que se desenvolverá esta tarde no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Outro dos temas que se prantearán no encontro será a busca de consenso para que aqueles concellos con superávit poidan aumentar o seu investimento.
Descargar todas as imaxes