Escoitar

O alcalde di que a aprendizaxe de idiomas é "parte nuclear do futuro da cidade"

Abel Caballero mantivo hoxe luns un encontro cun grupo de alumnos de Suecia que visitan a cidade nun intercambio con estudantes do colexio Alborada. Durante a visita, o rexedor reiterou que o os programas de inmersión lingüística "son un proxecto capital" para o Concello.

luns, 15 abr 2013
1366026781alborada.JPG
Logo de reunirse con 49 estudantes -24 vigueses e 25 de Suecia-, Caballero calificou de "moi interesante" a experiencia que viven en Vigo estes alumnos que, durante unha semana, participan nun intercambio lingüístico co colexio Alborada. Logo de recibilos na Alcaldía, o alcalde eloxiou este tipo de iniciativas "porque a aprendizaxe de idiomas é parte nuclear do futuro da cidade". Nesta liña avanzou que o Concello vai manter o número de bolsas de inmersión lingüística que viña outorgando ata o de agora "porque é un proxecto capital", aseverou.
Descargar todas as imaxes