150 escolares coñecen a historia da Reconquista coa mostra educativa do Concello de Vigo
O alcalde de Vigo acudiu este venres ao Museo Verbum, en Samil, onde 150 escolares de sexto de Primaria, procedentes de catro centros públicos, coñeceron a historia da Reconquista de Vigo coa exposición disposta polo Concello. Ao longo de abril serán 1.400 os alumnos que visitarán a actividade.
A mostra didáctica que ten programada o Concello de Vigo, a través do departamento municipal de Educación, no Museo Verbum recibiu este venres a visita de 150 escolares dos CEIP Frián-Teis, Santa Mariña, Paraixal e Eduardo Pondal.
"VigoHistoria: A Reconquista", como así se chama a proposta educativa municipal, inclúe o transporte para a visita guiada á exposición, o visionado dun audiovisual e posterior coloquio cos escolares, todo elo baseado nunha unidade didáctica, elaborada ao efecto, sobre esta efeméride tan saliantable da historia local de indubidable interese para a comunidade educativa.
Hoxe venres, coa participación de 150 rapaces e rapazas de sexto de Primaria, o alcalde seguiu unha parte da mostra, tanto os paneis físicos como o material audiovisual, coa que o goberno local divulga este fito histórico entre a mocidade de sexto de Primaria. Caballero, xunto á concelleira de Educación, fixo entrega de diplomas ao alumnado.
Descargar todas as imaxes