O goberno municipal humanizou 8 quilómetros de rúas durante o ano 2012
O alcalde de Vigo lembrou que desde o ano 2007 o goberno local realizou máis de 900 actuacións en melloras das rúas cun investimento de 318 millóns de euros. Segundo dixo, só durante o ano pasado humanizáronse 8 quilómetros de rúas e avanzou que "vai seguir coa revolución da mellora da cidade".
Desde o ano 2007 e con un orzamento de 318 millóns de euros, a cidade experimentou un proceso de humanización "intensivo" que permite cuantificar 900 actuacións, das que 250 son humanizacións directas, 230 traballos en parroquias e o resto actuacións singulares en distinas zonas de Vigo. Así o dixo hoxe xoves o alcalde de Vigo, quen cifrou en 8 quilómetros as rúas humanizadas so durante 2012, con 250 farolas, 500 árbores e 1.400 postos de traballo.
Concretamente, no que vai deste segundo mandato transformáronse as seguintes rúas: Brasil, Areal, Pontevedra, Candeleiro, Aragón, entorno Travesía, Rosdario Hernández Diéguez, A Calesa, Doutor Canoa, Mestre Chané, Pintor Colmeiro, Tomás Alonso, López Mora, Doutor Marañón, Camelias, Esperanto, Menéndez Pelayo, Avenida Castelao, rúa Moaña, Martínez Garrido, Enrique Lorenzo, Ramón Nieto , Manuel Alvarez, Severino Cobas, Carballal, Leonardo Alonso, Nicaragua, Hispanidad e Cataluña. Respecto das actuacións previstas, o alcalde aludiu a Praza de Bouzas, Martínez Garrido, Marqués de Valterra, Genaro de la Fuente, Ferreiros-Bouzas, Segunda República, Boán, Camelias, Baixada a San Roque. Caballero rematou avanzando que o goberno local vai proseguir con "esta revolución de mellora da cidade coas humanizacións", a pesares, censurou, da oposición do Partido Popular.
Descargar todas as imaxes