Escoitar

O alcalde supedita o futuro de Vigo á potenciación das súas comunicacións

Abel Caballero aseverou que o futuro da cidade "pasa ineludiblemente pola potenciación das súas comunicacións", en referencia ao aeroporto, a autopista do mar ou a alta velocidade. Así o dixo durante a súa intervención na inaguración das xornadas de debate organizadas pola Fundación Provigo: Vigo ante o se futuro hoxe xoves no Centro Social Novacaixagalicia.

xoves, 11 abr 2013
1365681781provigo.JPG
Unhas xornadas organizadas pola Fundación Provigo foi o foro escollido por Abel Caballero para reiterar a importancia da potenciación dos medios de transporte no futuro do desenvolvemento de Vigo. Baixo o título: Vigo ante o seu futuro, o presidente da Fundación abogou porque o prantexamento do presente da cidade se encauce xa polas pautas de futuro que xa deixan ver a crise e a post crise". Durante a inaguración destas xornadas, concebidas para "debater desde o ámbito civil e establecer cooperación con outras institucións", explicou que un exemplo deste xeito de adiantarse aos novos tempos ven da man da automoción, "que foi quen de diversificarse de xeito que reduciu a súa dependencia a un 40% da producción".

Referiuse ao primeiro Plano Estratéxico elaborado por Provigo hai dez anos, no que se pondera a envergadura das comunicacións e asegurou que "esta importancia segue a estar vixente, ten a mesma validez". Aludiu a paralización da autopista do mar que, por contra, funciona en Gijón hai máis de tres anos; á necesidade de avanzar da alta velocidade -incluída a europea- ; así como á importancia de continuar co prantexamento do transporte por autoestrada, en referencia á ampliación de Rande e un terceiro carril de ácceso á chegada á bifurcación con Puxeiros. Neste punto, ademais de criticar a petición de paralización deste proxecto, reiterou o respaldo á postura da ministra de Fomento, Ana Pastor, da conveniencia de que "a ampliación garanta o futuro da conexión de Vigo co norte de Galicia".

Con respecto ao tranpsorte aéreo, "o máis importante, dado o retraso da alta velocidade e que o actual ferrocarril ou a estrada non son competitivos", Caballero abogou por defender Peinador porque, tal e como explicou, o aeroporto de Vigo está "nunha pinza" entre as axudas públicas que reciben as terminais do norte de Galicia e Oporto.
Descargar todas as imaxes